Complexo turístico 'A Peneda' - Monterroso, Lugo - Teléfonos: 982.37.75.01 / 637.46.24.03
SITUACIÓN Situación do Cámping Municipal de Monterroso
Inicio

Situación

Aloxamentos

Equipamentos

Actividades

Tarifas

Contacto

O Complexo Turístico da Peneda
 

Atópase no concello de Monterroso, que co concello de Antas de Ulla e Palas de Reis forman a bisbarra do Ulloa, ao oeste da provincia de Lugo en Galicia.

Conta cunha area arborada de indubidable interese botánico, polo que é visitado permanentemente todo o ano por turistas e especialistas e grupos de estudantes de varias universidades españolas.

Comprende un espazo de varias hectáreas de superficie, ao longo duns meandros que o río Ulla forma no seu curso alto.

O nacemento do río está a tan só 13 quilómetros. Toda esta superficie está arborada e dispón dun gran número de mesas e barbacoas, que os visitantes utilizan para asar carnes e peixes, é difícil encontrar un fin de semana a media mañá sitios libres para comer. Podese disfrutar, aparte das piscinas, para os amantes do baño natural, dunha praia fluvial, con plataformas feitas con troncos de árbores para zambullidas ao río; pegadas ao río instaláronse dúas piscinas descubertas de verán.

Ademais do sinalado cámping, conta cunha ruta de sendeirismo, inaugurada pola Xunta de Galicia no ano 2003, e un coto intensivo troiteiro de pesca.

Cruzando a ponte do río Ulla atópase o Cámping Municipal de Monterroso de 3ª categoría de recente construcción.

Máis imaxes do mesmo sitio. Faga clic para ampliar
Distancias kilométricas
 

Lugo 39 km
Pontevedra 100 km
Vigo 120 km
Chantada 25 km
Santiago de Compostela 55 km
Lalín 38 km

 

 

Máis imaxes do mesmo sitio. Faga clic para ampliar
© 2007 aged-sl
 

 
Complexo turístico 'A Peneda' - Monterroso, Lugo - Teléfonos: 982.37.75.01 / 637.46.24.03