O Complexo Turístico da Peneda inclúe o Cámping Municipal de Monterroso de terceira categoría, de 6000 metros cadrados de superficie toda ela arborada, con 31 parcelas equipadas con toma de auga corrente, enerxía eléctrica e baleirado de residuais e fecais.
As parcelas teñen unha superficie aproximada de 60 metros cadrados. Complementando o servizo hai unha area de 600 metros cadrados de superficie, para a acampada en tendas.
Dispón así mesmo de servizos con 10 duchas comunitarias con auga quente, vertedoiros e servizo de lavadora.
A ocupación total é de 150 persoas.
Posibilidade de aluguer de camas en caravanas, para peregrinos do Camiño de Santiago.
Aberto desde o 1 de marzo ata o 30 de setembro.
Máis imaxes do mesmo sitio. Faga clic para ampliar.